Cita esta fin de semana en Arbo coa lamprea máis `ìnternacional´



A Festa da Lamprea, que cumpre a súa LXIII edición, representa para Arbo unha das datas máis importantes do calendario, especialmente este ano no foi declarada polo Goberno de España ‘Fiesta de Interés Turístico Internacional’. Esta distinción recoñece a antigüidade, a continuidade, o arraigo e a singularidade deste evento, acadado grazas ao traballo dos veciños, restauradores, pescadores e corporacións anteriores encargados de promover a festa.

A cita co preciado ciclóstomo, seña de identidade da localidade, chega esta fin de semana, dende mañán venres ata o domingo día no que remata o mes de abril. Ocasión para escaparse ata a localidade miñota e entregarse aos praceres deste prehistórico peixe cando a súa tempada está chegando ao seu fin, o que acontece coincidindo co canto do cuco, momento no a lamprea "está cucada" e xa non sirve para comer.
Aínda que tamén fóra de tempada os arbenses souberon sacarlle partido ao resto do ano co preza ciclóstomo seco, un exquisito afumado que admite o recheo de ovo e xamón e que tamén pode tomarse con fideos e tirabeques o como friame saborsísimo.

A Festa da Lamprea é a máis antiga de Galicia entre as gastronómicas e pódese degustar na Arbomostra, “Feira Agroindustrial e Artesanal da Bisbarra do Condado-Paradanta", en distintas elaboracións acompañada dos viños das adegas de Arbo presentes na Feira, e gozar dunha ampla e variada programación cultural.