Madalenas de arandos e galletas crinkles, protagonistas do último Ganapán da tempada

 

O Gastroespazo do Mercado de Abastos acollerá o sábado 29 e o domingo 30 de abril á rapazada de entre 4 e 10 anos de Pontevedra nunha nova quenda de O Ganapán. A iniciativa de lecer infantil, promovida pola Concellería de Promoción Económica, dirixida por Yoya Blanco, traerá durante a primeira xornada madalenas de arandos ás cociñas para darlle sabor ao almorzo e un taller de creación dun pins moi mariñeiros co que decorar os outfits dos máis pequenos e por que non, dos maiores.