Nomeado o xurado do concurso de ideas para a reforma do mercado de Santa Lucía, na Coruña

 

A Xunta de Goberno Local nomeou onte ao xurado que se encargará de determinar a persoa gañadora do concurso de ideas convocado ao abeiro do proxecto para a posta en marcha do mercado e centro de saúde de Santa Lucía.

Son oito as persoas que compoñen o xurado, que se reunirá por primeira vez este venres, para valorar os 14 proxectos presentados ao concurso.

O listado completo de integrantes do xurado está a disposición dos interesados neste enlace.