O City-tren reactivouse a fin de semana con motivo do III Festival Ilustrado de Ferrol

 

O City-tren volveu estar activo durante esta fin de semana con motivo da celebración da terceira edición do Festival Ilustrado de Ferrol. Foi gratuíto e non foi necesario reservar billete con antelación. Circulou durante sábado e domingo en horario de tarde, facendo un percorrido circular pola cidade, recorrendo algunhas das zonas con máis patrimonio do século XVIII. 


Funcionou de 17.30 a 20.30 horas, saíndo da praza de Armas, e seguindo pola rúa do Sol e Arce ata chegar a Amboaxe, onde realizou unha parada, para logo continuar por Magdalena, San Diego, e pola Real ata Breogán, estrada Alta do Porto ata chegar ao peirao de Curuxeiras. No porto fixo unha segunda pausa na parada de autobuses, fronte a fachada marítima. Seguiu a ruta por Irmandiños ata a praza de Galicia, volvendo a deterse na parada de autobuses ao carón da Alameda do Cantón, outro dos espazos máis emblemáticos da época ilustrada. Rematou o percorrido seguindo pola rúa da Igrexa e subindo por Rubalcava ata a praza de Armas.