Santiago, presente nas xornadas para abordar os retos das Cidades Patrimonio en rehabilitación do patrimonio, turismo ou sostenibilidade

 

Segovia acolle as xornadas para abordar os grandes retos das Cidades Patrimonio en ámbitos como a rehabilitación do patrimonio, o turismo ou a sostenibilidade. Promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura, estas xornadas celebráronse os días 24 e 25 de abril na Casa da Lectura-Biblioteca Municipal, baixo o título "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou nunha mesa de debate sobre a accesibilidade nas cidades históricas, no que compartiu a experiencia de Santiago.

"Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade" é o título das xornadas que arrancaron onte e se desenvolven onde organizadas pola Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo e coordinadas pola área de Patrimonio Histórico do Concello de Segovia.