As praias da Carabuxeira e Lavapanos, en Sanxenxo, recuperan o seu perfil con 4.000 m3 de area na zona seca de ambas as praias. A empresa encargada dos traballos de redistribución da area aproveitou as mareas máis baixas permitindo así contar cunha zona seca de desfrute de maior calidade e tamaño. A actuación finánciase desde Nauta Sanxenxo.
Trátase da segunda actuación de reposición de area que se acomete en ambos os areais, despois de que o pasado xuño de 2022, xusto un ano despois da reapertura, se acometese a primeira delas.