Valdeorras exaltará o viño da D.O. o 8 e 9 de xullo


O Pleno do Consello Regulador decidiu na súa xuntanza ordinaria desta tarde que a vindeira edición da Feira do Viño de Valdeorras teña lugar na Praza de Viloira do Barco na fin de semana do 8 e 9 de xullo. O presidente do organismo, José Ramón Rodríguez Castellanos, asume con “ilusión” a organización da que será a súa primeira feira do viño como máximo responsable do CRDO Valdeorras, na que vai traballar “intensamente e con rigorosidade”.

Rodríguez Castellanos asegurou que dende o Consello Regulador buscarase acimplicación doutras administracións e, particularmente, a do Concello do Barcocpara poñer en marcha unha completa proposta de actividades paralelas arredor docforo, que atraia á comarca a diferentes tipos de público pero, fundamentalmente, aos amantes da enoloxía.

“Sabemos que o enoturismo está de moda e en Valdeorras contamos con importantes activos e recursos para que aqueles que se acheguen ata nós, interesados inicialmente en coñecer os nosos viños, queiran repetir a experiencia e volver visitarnos en diferentes ocasións”, destacou Rodríguez Castellanos.