A piques de finalizar o proceso creativo de ‘A Castrexa’, o novo mural impulsado pola Alcaldía de Lugo loce xa na Rolda da Muralla como un tributo ao pasado castrexo da cidade, xusto cando o municipio está ás portas de celebrar o primeiro Arde Lvcvs considerado como Festa de Interese Turístico Internacional.
A propia rexedora, Lara Méndez, trasladaba os seus parabéns polo resultado da obra ao autor, Manuel Pallín (Concepto Circo).