Aplauso á declaración do Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da UNESCO

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente e responsable de Turismo, Xosé Regueira, trasladaron a súa felicitación aos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, promotores da candidatura, que contou co apoio da institución provincial coruñesa.

A Deputación destaca que "o recoñecemento por parte da UNESCO chega logo de anos de intenso traballo, nun gran exemplo de cooperación intermunicipal para promover o proxecto, que axudará a divulgar a nivel global o patrimonio único, a paisaxe e a singular importancia xeolóxica da zona". O Xeoparque suporá ademais "novas oportunidades para desenvolver un modelo de turismo sustentable no territorio”.