Continúan as accións promocionais de Tenreira Galega Suprema en Alemaña

 

Despois das presentacións de produto realizadas en Luxemburgo, o plan de internacionalización da IXP Ternera Gallega continuou en abril e maio con diversas actividades e degustacións en Alemaña. Os clientes da cadea de distribución Edeka Meyer na localidade de Neumünster puideron comprobar a calidade, moleza e sabor de Ternera Gallega Suprema.

Da man dun dos chefs de Otto Gourmet, a maior compañía xermana de venda online de carnes premium, o supermercado contou, durante varios días, cun punto de información e promoción sobre a IXP Ternera Gallega. Incluíu a exposición de produto certificado baixo a categoría de Suprema,  ademais da preparación e degustación desta carne á grella e a distribución de material de merchandising entre os consumidores, coma receitarios, bolsas reutilizables e delantais.

A Indicación Xeográfica Protexida tamén realiza habitualmente visitas técnicas aos puntos de venda alemáns que comercializan a carne certificada. No seu conxunto, estas accións promocionais procuran abrir novos mercados para as industrias inscritas, co obxectivo de que repercuta positivamente tamén no eido da produción.