Portas abertas de primavera ao alén da viticulrura heroíca


A Primavera de Portas Abertas chega ao Roteiro do Viño da Ribeira Sacra este fin de semana, unha porta aberta á viticultura heroíca que van cruzar -son os inscritros ata o de agora-.300 persoas. Por primeira vez os buses do viño saen desde Vigo e A Coruña, ademais das saídas desde Ourense, Lugo e Monforte de Lemos.

Durante estes 3 días contaraset amén con roteiros que nos levarán a coñecer os aceites de Quiroga, a senda PR-G 180 Roteiro da Cubela, o románico de Pantón e Sober e a navegar polo Miño e o Sil con catas en adegas.

Ademais da actividade tapas e viños, comezamos este venres coa proposta da sommelier, Mercedes González, “Cata de Viños e conservas, parellas sumamente pracenteiras”, que terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra o 26 de maio a partir das 19.30

Para completar a programación nesta Primavera de Portas Abertas, os máis novos terán tamén o seu espazo gratuíto para talleres infantís que se desenvolverán o día 27 en horario de mañána casa da cultura de Chantada.