Próximas transformacións en sete novas oficinas da rede Info Rías Baixas

 


A Deputación de Pontevedra continúa coa transformación da súa rede de oficinas de turismo INFO RÍAS BAIXAS, integrando na estratexia dixital e na arquitectura tecnolóxica a sete novas oficinas e puntos de información turística da Rede: As Neves, Tui, Redondela, Salvaterra de Miño, O Rosal, Mondariz-Balneario e Ponteareas. “Queremos que todas as oficinas sexan modernas, estean dixitalizadas e ofrezan unha atención moi directa á xente que pase por elas, para que xere benestar e, ademais faga que se vaia encantada”, asegurou a presidenta Carmela Silva. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto “Tourist Inside II”, conta cun orzamento de 519.000 € e unha achega de 300.300 € dos fondos europeos Next Generation.