Regresan as visitas guiadas as ruínas de San Domingos, en Pontevedra

 

Museo de Pontevedra pon en marcha este xoves as visitas guiadas ás ruínas de San Domingos. Desde o 1 de xuño ata o 15 de outubro, terán lugar todos os xoves ás 12:00 horas, a cargo do equipo de Educación do Museo. Trátase dun percorrido de 30 minutos de duración no que se explica a historia e o valor patrimonial do edificio, así como das pezas do Museo alí expostas. É de balde e non é necesaria a inscrición previa.

Este ano, as ruínas de San Domingos abriron as súas portas ao público o 1 de abril e permanecerán abertas ata o 31 de outubro. O horario de apertura é de martes a sábados de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h. Os domingos e festivos abren só de mañá e os luns permanecen pechadas.

En 2022, un total de 111.662 persoas visitaron as ruínas de San Domingos, o que supón unha media de 13.958 visitantes por cada un dos meses que o edificio permaneceu aberto. Foi o ano cun maior número de visitantes desde o 2011. Desde que as ruínas abriron esta tempada, o 1 de abril, ata o 28 de maio, visitárono , en abril e no que vai de maio, visitárono 19.123 persoas, o que supón 5.840 persoas máis que o ano pasado no mesmo período, o que supón un incremento do 44%.