A Concellería de Turismo de Baiona amplia a oferta das visitas guiadas gratuítas durante o verán cunha nova ruta
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante a tempada de Verán2023.
Deste xeito, a Concellería de Turismo retoma a oferta de visitas guiadas polo Casco Histórico durante o verán e tan boa acollida ten na Vila e amplía a oferta: Engádese unha visita guiada nova polo Paseo Monte Boi. Serán os venres 7 e 21 de xullo e 4 e 18 de agosto. Trátase dun percorrido circular por todo o paseo para poñer en valor todo o patrimonio histórico, tradicional e natural do percorrido con explicacións sobre a Fortaleza e a súa importancia, pero tamén sobre a costa de Baiona, vexetación, así como curiosidades que nos atopamos no percorrido. Esta nova proposta ten unha duración dunha hora.
As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono no 986 68 70 67.