A figura do viticultor, eixo da XII Gala Premios D.O. Ribeiro


Delfina Alén Bedrón, de 85 anos, e Cristian Vázquez Barrera, de 35, recibirán conxuntamente o Premio ‘Vida entre Vides’ co que a D.O. Ribeiro rende homenaxe ao labor de quen se dedica ao cultivo das vides, pero tamén visualiza a necesidade da remuda xeracional. Será durante a XII Gala Premios D.O. Ribeiro que se vai celebrar o 28 de xuño no restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo, conducida pola xornalista Montse Estévez e o actor Rubén Riós. Tamén se coñecerán os viños gañadores da Cata Oficial da D.O. Ribeiro, que é o acto central da gala.

Recoñecerase a aposta polos viños do Ribeiro dos establecementos hostaleiros O’Colmear (Ourense), Vinoteca Tucho (Ribeiro) y Sibarita (Vigo). O xornalista e escritor Manuel Juliá, director de FENAVIN, será galardoado co Premio Persoeiro de Honra; María José Hortas, Nariz de Ouro e responsable da adega do prestixioso restaurante A Terraza do Casino (NH Hotel Group) recibirá o Premio Muller e Viño; a Festa dá Istoria dá Ribadavia, que recibirá o Premio Ribeiro en Nós e tamén La Alacena Roja.