Sanxenxo acolleu onte a presentación da XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira que se celebrará desde este venres e ata o domingo 2 de xullo no Concello da Guarda.
A hostalaría da Guarda foi a encargada das elaboracións dos manxares do mar e da presentación. A eles agradeceu o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, o seu labor. O encargado de explicar a importancia da cita gastronómica que terá lugar no porto foi o concelleiro, Fernando Reyes González.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Festas e Eventos, Elena Torres, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou a importancia de "aproveitar as sinerxias" que xeran estas colaboracións entre concellos.