A Policía Local de Vigo vixiará a seguridade nas Illas Cíes durante as fins de semana do verán


A Policía Local de Vigo dispoñerá todas as fins de semana dun dispositivo especial de seguridade nas Illas Cíes desde este próximo sábado 3 de xullo e ata que finalice o período estival. Tal e como acordaron os dous Corpos, a Policía Nacional será a encargada de realizar ese labor durante os días da semana laborable, mentres os axentes locais responsabilizaranse da seguridade nas fins de semana, polo que haberá cobertura sete días á semana

Tendo en conta que o Parque Nacional acolle a diario ata 1800 visitantes, o Concello de Vigo deseñou un plan especial, con presenza policial ininterrompida desde as 09:00 horas da mañá e ata as 20:00 horas do serán. Así, vixiarán o cumprimento da normativa ambiental específica do arquipélago: non introducir animais, non recoller cunchas das praias nin outros elementos naturais ou non depositar desperdicios amais de controlar a seguridade cidadá.