A romaría do San Antonio Ventureiro de Riqueira, no Grove, xa é Festa de Interese Turístico de Galicia

 

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a Romaría do San Antonio Ventureiro da Rigueira, do concello de Xove. Para a declaración como festa de interese turístico de Galicia valóranse aspectos como a creatividade e innovación na celebración dos eventos, o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración das festas e a recepción de visitantes, a afluencia de visitantes, a coordinación das entidades públicas e privadas involucradas nas celebracións, ou o adecuado coidado dos contornos urbanos, monumentais ou paisaxísticos onde se desenvolven.