Alberte, Juan Míguez El Godello, Gran Gandarela e Viña Carpazal, ribeiros de gala



Juan Míguez El Godello, como Mellor Branco Adega; Alberte, Mellor Tinto Adega; Gran Gandarela, Mellor Branco Colleiteiro, e Viña Carpazal Selección, como Mellor Tinto Colleiteiro, todos eles da colleita 2022, son os viños galardoados -gañadores cata oficial da Feira do Viño do Ribeiro- e os verdadeiros protagonistas da XII Gala Premios D.O. Ribeiro, conducida polo actor Rubén Riós e a xornalista Montse Estévez, que reuniu a máis de 270 persoas no restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

A eles sumáronse os viticultores Delfina Alén Beldrón, de 85 anos, e Cristian Vázquez Carrera, de 35, que recibiron conxuntamente o premio Vida entre Vides. Un galardón aos dous profesionais en activo máis veterana e máis novel, respectivamente.

Ademais, durante a gala recoñeceuse “a aposta polo viño Ribeiro” do restaurante O’Colmear, de Ourense, distinguido como Mellor Servizo de Viño en Restaurante; la Vinoteca Tucho, de Ribeira, como Mellor Tenda Especializada, y Sibarita Bar & Shop, de Vigo, como Mellor Bar de Viños,

Tamén foron premiados o xornalista e escritor Manuel Juliá, director de FENAVIN,a sumiller María José Huertas, Nariz de Ouro e responsable da adega do restaurante La Terraza del Casino (NH Hotel Group) e La Alacena Roja.

A clausura da gala correu a cargo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen valorou a forza da viticultura na Comunidade, destacando o apoio da Xunta con medidas como a Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións dos viñedos; e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.