As Cidades Patrimonio reforzan o seu compromiso coa protección dos seus centros históricos e a súa promoción internacional

 

O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado en La Laguna á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), a entidade que reúne as 15 cidades recoñecidas pola Unesco polos seus valores universais excepcionais. Tras a protocolaria foto de familia, que tivo lugar na praza do Adelantado, o salón de plenos do Concello acolleu a que é a última asemblea antes da constitución das corporacións locais tras as pasadas eleccións municipais.

"É unha honra e unha gran responsabilidade volver contar na nosa cidade coas quince cidades que representan o mellor da marca España", sinalou o alcalde da La Laguna e presidente do Grupo, Luis Yeray Gutiérrez, na posterior comparecencia ante os medios de comunicación, na que estivo acompañado polos alcaldes de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e de Tarragona, Pau Ricomá, que forman parte da Comisión Executiva.