As mulleres. protagonistas no cartal da XXIV Feira do Viño de Valdeorras


A XXIV Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza da Viloira (no Barco) os vindeiros 8 e 9 de xullo, xa conta cartel ilustrador. Un xurado conformado por diferentes profesionais e presidido pola máximo responsable do Consello Regulador, José Ramon Rodríguez, foi o encargado de elixir a proposta gañadora, da que é autor Rubén Lucas, natural de Torreagüera (Murcia).

A gráfica do cartel seleccionado resalta o traballo das mulleres no sector vitivinícola, como un dos piares do eido primario. Deste xeito, na imaxe pode verse a contorna dunha muller portando unha cesta de uvas que está inserida no interior do deseño dunha botella de viño. O xurado valorou especialmente a “elegancia” e a “harmonía” da proposta e tamén a posta en valor das mulleres rurais e do seu labor que traslada na gráfica.

O autor da proposta gañadora recibirá un premio de 600 euros. Ata 55 traballos diferentes se presentaron ao concurso que se convocou recentemente para elixir a identidade gráfica da vindeira edición da feira.