Auxe da produción de sidra en Galicia


Galicia está a experimentar nos últimos anos un auxe importante da produción de sidra en Galicia, especialmente no concello pontevedrés da Estrada, e cada vez son máis os agricultores que apostan pola mazá natural e ecolóxica como forma de diversificar os aproveitamentos no agro. Así o salientou o director daAxencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na inauguración dun seminario temático sobre o cultivo e a importancia da mazá de mesa e sidra en Galicia Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (Bergondo).

Segundo dixo Cabarcos, nos últimos anos produciuse unha repunta importante de plantacións regulares de mazá de sidra, así como unha demanda cada vez maior cara a transformala en Galicia, apostando pola sidra como alternativa económica no agro que permite dinamizar a economía local, coa conseguinte creación de riqueza e emprego, e favorecendo tamén á fixación da poboación.