Pontevedra estrea un novo miradoiro sobre o río Lérez

 

O río Lérez xa pode ser ollado desde un novo miradoiro. O proxecto de rehabilitación e acondicionamento da antiga ponte do ferrocarril impulsado desde o Concello de Pontevedra acaba de de ser rematado, creando unha nova zona de estancia sobre o río da cidade.

A ponte, á que se pode acceder desde a zona da praia fluvial ben por escaleiras de madeira, ben por unha rampla en zig-zag, ofrece unhas vistas da praia fluvial e de toda a contorna até agora inexistentes. O espazo é xa un miradoiro que tamén pode ser percorrido a pé ou en bici, até a entrada do antigo túnel do tren (tapiado por seguridade).