Promoción dos queixos galegos en Madrid


A consellería de Medio Rural achega á Casa de Galicia en Madrid o vindeiro luns, día 3 de xullo, o evento de promoción “Irmáns de leite”. Será un acto de exaltación da excelencia dos catro queixos galegos con denominación de orixe protexida (DOP), que son os de Arzúa-Ulloa, Cebreiro, San Simón da Costa e Queixo Tetilla. Presentaranse as súas peculiaridades e ofrecerase unha degustación destes produtos de calidade, que teñen en común a súa elaboración a base de leite galego de vacas rubia galega, frisoa, pardo alpina e os seus cruzamentos.

Os asistentes -entre eles haberá caneperos profesionais- serán recibidos cun viño espumoso galego e, tras o saúdo institucional, poderán participar nunha presentación e cata comentada, conducida por Salomé Beiroa, experta catadora deste tipo de produtos de calidade.A continuación, ofrecerase unha demostración culinaria por parte dos chefs José Manuel Mallón e Miguel Fernández Vidal, ambos os dous embaixadores de Experiencias de calidade. Ademais, haberá postos de queixerías das DOP que amosarán e darán a degustar o seu produto.