Nun acto celebrado en Madrid este martes, o director xeral da compañía, Américo Ribeiro, entregou o recoñecemento ao director de Promoción do Consello Regulador, Luis Vázquez, que destacou a relevancia dos alimentos con IXP ou DOP pola súa contribución ao futuro social, económico e medioambiental das zonas rurais. No caso de Ternera Gallega, Vázquez puxo en valor o traballo das máis de 8400 ganderías e das 101 industrias inscritas para levar ao mercado unha carne de calidade e orixe garantidas.
Desde hai máis de 20 anos a IXP e Alcampo contan con acordo de colaboración para a venda da carne amparada, que se atopa en 60 hipermercados da compañía en toda España.