Trala actividade do pasado mércores en Vigo, esta semana a IXP levou a Madrid os showcookings da carne certificada. Os hipermercados de Alcampo de La Vaguada, Pío XII e Moratalaz acolleron puntos de información e degustación de Ternera Gallega, que tamén impartiu demostracións culinarias. Foron presenciais para grupos de clientes e unha delas, ademais, retransmitiuse en directo a través do perfil de Instagram da cadea co obxectivo de alcanzar a máis público.
Nestas sesións, o director de Promoción do Consello Regulador, Luis Vázquez, e o cociñeiro José Manuel Mallón combinaron as explicacións sobre a crianza dos animais na IXP e sobre as cualidades diferenciais da carne certificada con consellos prácticos para a súa axeitada preparación na cociña, respondendo ás dúbidas formuladas polos asistentes e polos seguidores online.