A Feira Franca de Pontevedra supera as cifras de 2022 en solicitudes de xantares, ceas, mercado e hostalaría
Rematado o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de mesas e postos de hostalaría, mercado ou xantares e ceas, a oficina da Feira Franca anticipa unha altísima participación da veciñanza pontevedresa na cita medieval deste ano.
Os datos emitidos pola nomeada oficina indican que foron recepcionadas as seguintes peticións: 183 ceas e xantares (173 foran recibidas o pasado ano), 120 postos para artesanía (89 o pasado ano) e 129 de hostalaría (119 o pasado ano).
Deste xeito, as cifras de participación no referido ao montaxe de mesas e postos gastronómicos ou artesanais xa superarían as do ano 2022.