A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do que vai de mes de xullo deste ano 2023. Ferreiro explicou que os datos destes días evidencian que o traballo do Goberno de Lugo nestes anos posicionou a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que "Lugo situouse en números moi similares aos de antes da pandemia, e desde o Goberno de Lugo seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten".
A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 724 turistas durante eses dúas, destacando as procedentes do resto da provincia e de Galiza, con motivo da ponte do 25, e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional.