Un total de 70 mozos mexicanos foron recibidos esta mañá polo Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.
O rexedor enxalzou as marabillas do municipio e informou os mozos das bondades do Camiño Portugués da Costa. Tamén resaltou durante a recepción que “Baiona sempre xoga un papel principal de acollida” e este caso non ía ser diferente”.
Ademais Vázquez Almuíña recalcou que “é para o min un orgullo recibilos e poder facerlles de anfitrión na súa estancia na nosa vila que cada vez é máis internacional, convidándoos a que sexan os nosos novos embaixadores unha vez regresen aos seus países de orixe, xa que se levaron unha grata impresión desta vila”. O grupo chega da man da Axencia “El Camino”.