A xornada comezaba a primeira hora da mañá coa apertura dunha exposición de gando vacún e cara o mediodía realizouse unha poxa de xatas de raza Rubia Galega, coa colaboración de ACRUGA. Adxudicáronse os catro exemplares a un prezo medio de 2.475 euros, segundo indica a Asociación, sendo as cifras máis altas da tempada. Leváronas criadores con explotacións en A Fonsagrada, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Baralla.
A feira tamén se amenizou con actuacións musicais do grupo tradicional Toxo queimado e de Mar de Arousa.