O turismo arrasa en Vigo no mes de xullo


Os datos de turismo do Instituto Nacional de Estatística rexistran unha suba dos viaxeiros no mes de xuño. Abel Caballero deu conta da suba nun 17,8% con respecto a 2019 e un 19,3% máis que no 2022. “Estes datos son un récord da serie histórica”, subliñou o alcalde.

Xuño rexistrou unha suba tanto nos turistas nacionais como estranxeiros, un 16,33 e un 20,20% respectivamente. O acumulado no que vai de 2023 tamén supón unha cifra récord para o turismo de Vigo. Outra marca a sinalar é a de pernoctas dos estranxeiros, cun 8,95% máis que no 2019.

Caballero cifrou a ocupación hoteleira na ponte do 25 de xullo en máis dun 80%. “Seguro que moitas persoas quedaron na súa casa con motivo da convocatoria de eleccións xerais”, expresou o alcalde.