Visitas guiadas, percorridos panorámicos e sendeirismo en Viveiro



O Concello de Viveiro organiza ao longo do verán, ata o 17 de setembro, distintas visitas guiadas, percorridos panorámicos e rutas pola natureza que buscan poñer en valor os principais lugares de interese que se atopan na vila. Estas actividades son diarias e de balde.

O programa deseñado conta con itinerarios que se repiten cada semana, ademais doutros que van rotando ao longo de cada quincena. Un dos obxectivos que se persegue é contar coa variedade suficiente para amosar os moitos espazos de interese, á vez que se consegue un equilibrio na frecuencia dos itinerarios que transitan polos lugares máis emblemáticos de Viveiro.

Con esta iniciativa, preténdese dar a coñecer a paisaxe e a historia da localidade a quenes se acercan por primeira vez a Viveiro, pero tamén brindar a oportunidade de redescubrila ás persoas que viven aquí todo o ano.