Baiona celebra con sardiñas, pan de millo e viño a Romaría da Virxe da Rocha


Baiona atópase inmersa nos preparativos de prepraración dunha das súas romarías máis importantes do ano: a da Virxe da Rocha.

Este domingo 27 de agosto o parque “Mercedes de la Escalera” acollerá esta tradicional romaría baionesa a partir das 12:00h. Ás 13:00h celebrarase a Misa Solemne aos pés do monumento e acto seguido actuará a asociación folclórica “Vila de Baiona” e a asociación cultural “A Seneira”. 

Ao redor das 14:00h está previsto que comece a tradicional comida campestre composta de sardiñas, pan de millo e viño. Degustaranse para a ocasión máis de 200 Quilos de sardiñas, 200 Quilos de pan de millo e 200 litros de viño do país a 4 euros a ración para todos os romeiros e romeiras que se acheguen o domingo aos pés do monumento da Virxe da Roca.