Baiona celebra hoxe o primeiro festival peregrino


O Concello de Baiona organiza o primeiro “Festival Peregrino: Peregrinarte” pensado para potenciar o Camiño Portugués da Costa entre a veciñanza, os peregrinos e peregrinas e as persoas visitantes.

A novidosa actividade celébrase hoxe ao longo de todo o día. O evento inclúe “PereginArte”, un espazo no que participar toda a familia e creado para interactuar entre os nenos e nenas coas súas familias e os peregrinos que transcurren polo Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola nosa Vila. Así, os diferentes obradoiros para todos os públicos estárán organizados en distintos lugares polos que transcurre o camiño en horario de 12:00-14:00h e outro de 19:30-21:30h. Un total de 6 obradoiros de temática variada, nunha quenda de mañá e outra de tarde, en 4 localizacións: xardíns da Biblioteca, praza do Concello, xardíns da Casa da Navegación e Fonte de Ceta. Non é necesaria a inscrición previa.