Lobios fixo fronte ao calor coa súa tradicional Festa dos Callos Limiaos

 

Como cada ano, o Concello de Lobios fixo fronte ao calor de verán coa súa tracicional Festa dos Callos Limiaos, que onte acadou a súa XXIV edición.
Á celebración asistiron varios representantes públicos, entre eles o vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, que lembrou que esta cita gastronómica cumple cun dos obxectivos da institución provincial: dinamizar os territorios e as comarcas.