O comité técnico da feira agrogandeira ExpoLugo A Rural avanza no programa da vindeira edición


A área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo traballa na organización da vindeira edición da feira agrogandeira ExpoLugo A Rural, enmarcada nas festas do San Froilán. O comité técnico, no que están representadas as asociacións gandeiras e profesionais que veñen participando na feira, reuniuse este luns para avanzar no traballo previo á feira, que se celebrará o 7 e o 8 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O grupo de traballo xurdiu en outubro de 2021 a iniciativa da área Medio Rural, Mar e Mocidade, co obxectivo de proporcionar representatividade a todos os axentes involucrados na organización do evento para entre todos eles poder definir os obxectivos a acadar e os medios necesarios para a organización da mesma.