Pontevedra prepárase para vivir unha Feira Franca de record


Este venres, 1 de setembro, Pontevedra volverá subir a esa máquina de tempo colectiva que é o pacto cidadán que permite viaxar varios séculos atrás. Cara ao final da tarde, será anunciada o comezo da XXII Feira Franca cos pregoeiros a cabalo polas rúas do centro histórico. Pasada a noite, chegará o sábado, e con el unha das xornadas máis festivas e sinaladas no calendario pontevedrés.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, realizou esta mañá unha comparecencia para lembrar que apenas faltan tres días para o comezo dunha edición da Feira Franca logo dun verán coa cidade «botando por fóra» decotío. A edición deste ano vao batir todos os records de participación.