Verán turístico "fóra de serie" en Vigo


 Vigo segue na senda turística de superar o 90% de ocupación das prazas hoteleiras da cidade durante as fines de semana do verán. Abel Caballero deu conta do último fin de semana onde acadouse o 92,1% de ocupación, “altísima que significa un verán turisticamente único e fóra de serie”, declarou. A media do mes de agosto foi do 92%.

Caballero lembrou que a cidade está a marcar récords en turistas e pernoctas, como xa ocorreu no mes de xullo, segundo os datos de INE, e augurou que agosto tamén terá unha marca histórica. “Máis turistas que nunca, máis pernoctas que nunca e persoas enchendo os comercios, as cafeterías, os restaurantes.... Seguimos sendo unha gran potencia turística”.