O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, e o alcalde de Carnorta, Juan Manuel Saborido, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio para o financiamento do proxecto piloto 'Galicia Remota'.
Con esta iniciativa búscase crear un novo modelo de turismo, innovación e sustentabilidade para facer do rural un polo de atracción de persoas que podan desenvolver a súa labor profesional en teletraballo desde calquera lugar do mundo. 'Galicia Remota' pretende facilitar que as persoas traballadoras online vexan unha oportunidade na que vivir experiencias únicas de crecemento persoal e profesional e descubran novos lugares ao mesmo tempo que desenvolven o seu traballo en liña.
O ente provincial contribúe ao financiamento da actividade cunha achega de 24.000 euros, o 80 % do orzamento total, que ascende a 30.000 euros.