D’Antonio gaña o primeiro premio da "X Ruta dos Pinchos de Teis"



Abel Caballero, fixo entrega este mércores dos recoñecementos xunto á edil de Igualdade e Comercio, Ana Laura Iglesias, da "X Ruta dos Pinchos de Teis". A tapa de D’Antonio alzouse co primeiro premio no concurso, no que participa unha ducia de establecementos do popular barrio vigués.