Dous novos plans de sustentabilidade potenciarán a enograstronomía en 14 concellos da Ría de Vigo e Baixo Miño
Así, por unha banda, acordouse a subscrición do convenio entre Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para o seu Plan de sustentabilidade turística cun investimento de 1 millón de euros ata 2025. Entre as actuacións previstas inclúe a potenciación das súas festas gastronómicas e o impulso de actividades vinculadas cos recursos do mar, como visitas turísticas ás lonxas. Tamén se prevén medidas para favorecer a transición verde e sustentable con melloras de xestión de residuos en festas gastronómicas ou a protección e rexeneración do ecosistema dunar da praia do Muíño. Aplicaranse, tamén, accións de eficiencia enerxética nalgúns dos seus recursos turísticos como o Museo do Mar ou a Senda do Trega e afondarase na dixitalización da comercialización dos servizos turísticos municipais, entre outras.