O turismo internacional continúa a crecer en Compostela cun incremento do 11,6% en agosto


Os datos do mes de agosto da Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE confirman a consolidación de Santiago de Compostela como un destino internacional cun atractivo turístico que vai moito máis alá que a celebración dun Ano Santo. Así, no pasado mes de agosto, a cidade sumou 212.045 pernoctacións, cun crecemento do 2,4% respecto do mes de agosto do 2022, cando se celebrou o Ano Santo.

O incremento do pasado mes apoiouse no turismo internacional, que continúa tendo cada vez máis presenza na cidade. Así, fronte ás 67.450 pernoctacións de agosto do 2022, neste agosto a cifra chegou ata as 75.273, cun aumento do 11,6%. Este crecemento foi acompañado dun lixeiro incremento da tarifa media diaria que segundo, o INE, situouse en 94,8 euros, un 1,8% máis que en agosto de 2022.

Grazas aos datos de agosto, o turismo internacional achégase xa ao medio millón de pernoctacións no que vai de ano. En total, suman xa 491.875 pernoctacións nos oito primeiros meses do ano, un 21,4% máis que no mesmo periodo do Ano Santo pasa