Sanxenxo aloxará a máis de 80 deportistas pola gran final da Copa Galega de Paddle Surf


A praia de Silgar converterase este sábado en escenario da gran final da Copa Galega de Paddle Surf coa Sanxenxo SUP Fest. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e o organizador da proba, Ángel Moldes, de Sanxenxo Paddle Surf Club, presentaron a cita no areal. Ata o momento hai preto de 80 deportistas anotados. Será en Sanxenxo onde se decidan os gañadores da Copa Galega desta disciplina e a esta gran final chegarán deportistas de distintos puntos de Galicia e Portugal como Iván Puente, campión de España Beach Race.