Dentro da liña de mellora continua dos areais, a Concellería de Turismo conta cun novo proxecto para renovación e dotación de pasarelas nas praias de Agra, Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. O documento xa foi enviado a Costas para a súa supervisión e, unha vez recibido o visto bo, presentarase a unha das liñas de subvención do GALP. O obxectivo da actuación é mellorar a accesibilidade ás praias e protexer os espazos dunares existentes. O proxecto total ascende a un total de 242.400 euros.