Pepe Solla cociña a carne certificada no festival SON EG Posidonia de Formentera


A IXP uniuse ao chef Estrella Michelín, Pepe Solla, e a Estrella Galicia para viaxar ata Formentera e promocionar a carne certificada no festival Posidonia, que celebrou a súa sétima edición entre o 6 e o 8 de outubro. O evento conxugou gastronomía, música e sostibilidade, poñendo en valor a procedencia dos produtos que conformaron o menú e impulsando iniciativas medioambientais.

En orixe, tradición e calidade, puxo o seu selo Ternera Gallega, que achegou o produto certificado co que Pepe Solla preparou hamburguesas en ata tres propostas distintas. Desde unha opción picante con chipotle afumado ata outra de toque acedo con iogur e xucrute, sen esquecer a máis suave, con tomate e mozarella. E todas elas, en maridaxe con diferentes cervexas de Estrella Galicia. 

O festival Posidonia procura tamén a conciencia medioambiental, cun aforo exclusivo para 350 persoas, xerando unha relación responsable coa contorna da illa e apostando por un turismo sostible. Nesa liña, organizou actividades deportivas e rutas con entidades locais e con consultoras ambientais que traballan no coidado da biodiversidade.