Pontevedra establece colaboración en Granada con outras administracións para impulsar proxectos turísticos
O deputado provincial de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos, Javier Tourís, remarcou que o foro de Granada “serviu para analizar políticas públicas e para avanzar e dar pasos cara a construción dunha provincia de futuro a través de políticas sostibles, realistas e razoables no tempo, que contribúan á xeración de riqueza e emprego e á planificación estratéxica de todos os concellos de Pontevedra”. Deste xeito, durante o encontro abordáronse cuestións coma plans de acción local e gobernanza; do territorio, deporte e saúde; de reto demográfico; de dimensión social das cidades e rexeneración urbana; de ferramentas de planificación urbana; de redes de cidades; de arquitectura transformadora; de financiamento do desenvolvemento urbano sostible e integrado; de turismo e patrimonio; de cidades saudables; e de políticas urbanas. “Analizamos boas prácticas e experiencias innovadoras que se desenvolven noutros territorios –detallou o deputado provincial– e que agora imos analizar para poder implantar na provincia de Pontevedra”.