Ir al contenido principal
Sanxenxo sinalizará cinco igrexas de gran valor histórico e cultural con mesas interpretativas
O Concello sinalizará cinco igrexas de gran valor histórico e cultural con mesas interpretativas. O deseño de cada mesa atenderá ás principais características de cada unha das igrexas con infografías ilustrativas para interpretar os textos de cada edificio. As igrexas para sinalizar son representativas do patrimonio cultural, histórico e arquitectónico do municipio e son San Xoán de Dorrón, San Pedro de Vilalonga, Santa María de Adina, Santo Estevo de Noalla, San Xenxo ou templo vello.