O XVIII Concurso de Tapas de Lugo celebrarase do 3 ao 19 de novembro e a gran final será unha semana máis tarde, os días 24, 25 e 26. O certame foi presentado polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, e a concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Maite Ferreiro
O concurso, que está organizado pola Apehl, conta co patrocinio do Concello de Lugo, coa colaboración de Estrella Galicia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Os 38 establecementos que participan nesta edición do certamen ofrecerán tapas con prezos que oscilan entre 2,5 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.