A Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira estudan diferentes posibilidades para mellorar a comercialización dos produtos do mar

A deputada provincial de Mar, Cristina Capelán, desprazouse ata o Concello de Ribeira para manter unha reunión co seu alcalde, Luis Pérez Barral, os concelleiros municipais Francisco Suárez-Puerta e Fernando Abraldes, así como tamén co patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, na cal trataron diferentes estratexias sobre o desenvolvemento económico do Concello.


Durante o encontro estudaron a posibilidade de establecer liñas de axuda que permitan ás confrarías desenvolver estratexias comerciais eficaces e eficientes. Do mesmo xeito, abordaron a importancia de crear unha marca forte, co obxectivo de potenciar a promoción dos produtos das entidades mariñeiras locais.