Lores: “Que sexamos a cidade máis buscada en Booking quere dicir que Pontevedra está de moda”


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores amosou a súa satisfacción porque en Booking, o buscador de aloxamentos turísticos, Pontevedra sexa a cidade do Estado con maior número de búsquedas por riba de Madrid ou Barcelona.

“Iso quere dicir que Pontevedra está de moda, que Pontevedra é atractiva, pero é atractiva por moitísimas cousas, sobre todo pola xente, pola súa capacidade de acollemento, pola súa comodidade, polo seu respecto ao medio ambiente, pola gastronomía, e porque está, ademais, nun espacio que son as Rías Baixas que eu sempre dixen que era o Caribe de Galicia, cunhas temperaturas moi agradables, con todo o lado”, dixo Lores.